publicidade hoxe

Vedra énchese de festas esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O Concello de Vedra acolle unha intensa programación para esta fin de semana que comeza cunha sesión de cine de verán 4venres 4 parroquias 4 películas que este venres proxectará na contorna da Capela de San Quietán o filme “O ouro do tempo” ambientada na historia dun médico que a finais dos 60 crioxeniza o cadáver da súa muller á espera de que a ciencia futura a poida revivir. A proxección será ás 22.30 h.

Terraceo de Verán

Dende hoxe, e todas as fins de semana de agosto, os venres, sábados e domingos converteranse en Noites de Gin Nordés con prezos especiais nos disitintos establecementos que colaboran con este programa con prezos especiais. Os domingos será protagonista a sesión vermú Nordesía. 

Festas en San Mamed de Rivadulla

Este venres e sábado, San Mamed de Rivadulla vivirá as súas festas patronais. O venres 7 de agosto na honra a San Mamed con misa solemne, baile ao mediodía con Charanga BB+ e verbena a cargo da Charanga BB+ e a orquestra Melodías Big Band. O sábado 8 os festexos serán na honra do Santísimo Sacramento con misa solemne, baile ao mediodía coa Banda Cultural de Teo e a verbena a cargo da Banda Cultural de Teo e a orquestra D’Noche.

Festas de San Campio en San Miguel de Sarandón

A axenda festiva continúa do 9 ao 11 de agosto coa celebración do San Campio en San Miguel de Sarandón. O domingo 9 de agosto actuación de Aché e Bomba & Band. O luns 10 de agosto os festexos serán na honra a San Campio co día das bandas tras a misa solemne contando coa participación da Banda Musical de Monçao e a Banda Artística de Merza. Ás 20.30 h. concerto do trompetista internacional Rubén Simeó Gijón acompañado da Banda Musical de Moçao e a partir das 12 da noite fogos artificiais. A última xornada festiva estará presidida polas orquestras con sesión vermú a cargo dun grupo musical que actuará ao finalizar a misa solemne. Á noite fin de festa ao grande coa verbena a cargo das orquestras París de Noia e Charleston.

7 de agosto de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.