publicidade hoxe

Podemos Galicia organiza en Baiona un encontro para recoller propostas para o programa das Eleccións Xerais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal Portada
A-
A+

Podemos Galicia organiza no mes de agosto as xornadas intercírculos. Coa intención de reunir propostas de consenso galego para o programa das eleccións xerais, convócase ós Círculos, músculo social do partido, para achegar de forma colaborativa ideas ou iniciativas da xente e para a xente. O formato será o de concurso de ideas e as máis votadas serán presentadas en Praza Podemos, a ferramenta telemática de participación cidadá da organización.

Nestas xornadas colaboran Círculos, Consellos Cidadáns Municipais e o Consello Cidadán Galego, aínda que están abertas á participación de movementos ou plataformas sociais, e a calqueira persoa interesada en sumar propostas para a elaboración do programa de Podemos.

As achegas máis valoradas en cada xornada entrarán na seguinte etapa desta iniciativa. Nesta segunda fase, as propostas elixidas estarán expostas no portal de Participación de Podemos, Praza Galicia, onde o conxunto das persoas inscritas en Podemos en Galicia poderán votar as que desexen durante a última semana de agosto. As ideas para o programa que teñan máis votos durante esta semana serán presentadas en Praza Podemos como propostas de consenso dos círculos de Galicia para pasar á última fase da elaboración do programa estatal.

O encontro celebrarase na sala “Ángel Bedriñana”, na rúa Carabela La Pinta (xunto á Praza de Abastos, no Concello de Baiona, o vindeiro Venres 7 de Agosto, ás 19:00 horas.

6 de agosto de 2015 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.