publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Arzúa convoca as axudas para o fomento de actividades de carácter cultural e educativo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a Xunta de Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras da convocatoria ordinaria de subvencións para o fomento de actividades de carácter cultural e educativo que ascenden a 12.805 euros. Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa. Dita convocatoria saíu publicada no BOP de hoxe, 31 de agosto.

As bases xunto cos impresos de solicitude poderanse consultar e obter no Rexistro Xeral do Concello e na oficina do Departamento de Cultura. Tamén se poden descargar na páxina web www.concellodearzua.com.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 30 días naturais contados dende o día seguinte o da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Poden informarse no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981 500 222 agás do 1 ao 11 de setembro, xa que esta oficina estará pechada por vacacións.

31 de agosto de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.