publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Mondariz acolleu aos mellores arqueiros galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMondariz
A-
A+
Campionato Galego de Arco en Mondariz

Campionato Galego de Arco en Mondariz

Na xornada do domingo 2 de agosto, os arqueiros galegos tiñan unha cita no concello pontevedrés de Mondariz onde se disputou a edición XVI do Autonómico de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo. A organización correu a cargo da Federación Galega de Caza que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores A Mondarizana e o Clube Cazarco.

Percorridos de Caza con Arco

O campionato daba comezo ás 10 da maña despois de que o Director da Proba, Jaime Villaverde, informara aos 57 participantes sobre as 6 propostas das que contaba o campionato máis unha proba extra sobre unha figura situada a 61 metros. 

Os arqueiros foron disparando as frechas sobre as diferentes siluetas 3D de fauna ibérica e mundial situadas estratexicamente en cada proposta o cal puxo aos arqueiros en serios apertos e fixo ao público gozar das calidades dos mellores arqueiros citados en Mondariz. 

Foi o arqueiro Pedro J. Martínez Ángel o que acadou o primeiro posto en Arco Asistido e se converteu no novo Campión Galego. Sergio Sobral Barcia remataba en segundo posto e Ángel Villaverde Balado completaba o podio en terceira posición.

En Arco Tradicional revalidaba o título de campión galego Oscar Novas Seijas, seguiuno o arqueiro José Ramón Castro e Lee Ramsdale, en segunda e terceira posición respectivamente. 

En Damas Iratxe Guillen Bouzas acadaba o primeiro posto e a medalla de prata era para Dolores Bugarín Codeseda. Sonia María Ribeiro Costas accedía ao terceiro posto da clasificación final. 

Na categoría de Junior o campión era Marcos Gómez Dacosta seguido de Abel López Fernández e Adrián López Fernández en segunda e terceira posición.

Rebeca Villaverde Bugarín era a campioa na categoría de Cadetes e Andrés Conde Soto era o subcampión. A nova arqueira Laura Novas Ribeiro era a terceira clasificada.

Caza con Arco o Voo

Xa polo serán disputábase a fase final do Campionato de Caza con Arco o Voo no que participaban un bo número de arqueiros en parellas que amosaron ao público a destreza que atesouran para abater con frechas pezas de caza ao voo. Foi a parella composta por María Rodríguez Rodríguez e Abel López Lepiani co seu can de nome “Pol” os que se converteron nos novos campións de Caza con Arco o Voo.

4 de agosto de 2015 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.