Finaliza o prazo para solicitar as axudas de material escolar para curso 2015/2016 en Ribadumia
O Concello de Ribadumia recorda ós seus veciños que este mércores día 5 remata o prazo para presentar solicitude ás axudas de apoio á escolarización que convoca o Concello de Ribadumia.O requisito principal para poder acceder a esta axuda é estar empadroado en Ribadumia. Ademais, é imprescindible estar cursando estudos de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria; así coma non estar percibindo axudas polo mesmo concepto de outros organismos públicos ou privados.
Ademais, as persoas beneficiarias non poderán superar os límites de ingresos establecidos e teranse en conta as hipotecas e os alugueres ata un máximo de 350€ mensuais.
Esta prestación, destinada a afrontar os gastos que xera a dotación de libros de texto (só para educación infantil), material escolar e vestiario, aporta unha contía de 80€en infantil e 70€ para Educación Primaria e Secundaria.
Os interesados terán que entregar a seguinte documentación nas oficinas de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas, e poderán facelo ata o día 5 de agosto.
– Solicitudes (se recolle no Concello)
– DNI do solicitante e membros da unidade familiar, Certificado de Convivencia
– Xustificantes de ingresos de xaneiro a xuño do ano en curso e, Copia cotexada das Declaracións do IRPF, do exercicio económico anterior ou Certificacións negativas do IRPF de tódolos convivintes, sexan ou non membros computables.
-De ser o caso, recibo de Aluguer ou Xustificante do pago de emprésito para adquisición de vivenda habitual.
– Certificación bancaria do número de conta.
– Declaración das axudas recibidas polos mesmos conceptos.
– Factura do gasto realizado.