publicidade hoxe

Unha vintena de cativos participan nos campamentos municipais de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Unha vintena de nenos e nenas, de entre 4 e 12 anos de idade, participan dende esta semana e ata o próximo 7 de agosto nos Campamentos Municipais de Verán, organizados polo Concello de Frades. Unha iniciativa de conciliación da vida laboral e familiar que teñen lugar nas instalacións do CPI Ponte Carreira, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Durante as próximas semanas, os campamentos inclúen numerosos xogos, contos, cancións, bailes, actividades en inglés, obradoiros de artesanía e reciclaxe, cursos de cociña, actividades deportivas… Aínda que a maioría das actividades terán lugar no colexio fradense, tamén haberá días na piscina municipal de Papucín, xornadas deportivas no campo de fútbol municipal de Abellá e obradoiros no multiúsos de Frades.

15 de xullo de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.