publicidade hoxe

Continúan as actividades de verán en Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

As actividades de verán do Concello de Soutomaior onde participan 376 nenos desde o 1 de xullo entra xa na súa semana final. Este fin de semana (venres, sábado e domingo) os grupos D e E gozan da acampada que este ano é á beira da Casa do Pobo de Lourido.

Dentro xa da última semana os grupos dos máis pequenos A,B e C terán a oportunidade de iniciar os seus primeiros contactos coa hípica e desprazaranse á Hípica Amazonas o luns e martes e á súa vez o xoves haberá unha actividade de contacontos con “O galo Manolo” na casa da cultura de Soutomaior.

O grupo C (8,9,10 anos) desprazarase tamén á hípica  o venres terá unha actividade titulada ”A volta ao mundo” unha gimkana que percorrerá de maneira virtual Exipto, Xapón e Hawai.

O Grupo D desprazarase durante todo o día ao parque acuático “Aquapark” .

O grupo dos maiores “E” de 12,13,14 e 15 anos, empezase a semana con “Xeocaching” unha proba de orientación por medio de compases e dun programa que se descarga no móbil.

O venres este mesmo grupo realizase unha gimkana tenebrosa no Castelo de Soutomaior.

Como peche a estas actividades de verán, o sábado día 1 a partir das 21,30 horas no Peirao de Arcade terá lugar o Festival de Clausura onde a compañía MDM teatro porá no escenario a comedia infantil “Trufaldino, servidor de dous amos”.

Como remate final proxectarase un vídeo resumen das actividades e entregáseselles aos participantes un recordo das mesmas.

24 de xullo de 2015 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.