publicidade hoxe

Cabalos, música e xogos na II Festa Cabalar de Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A Asociación Cultural de Nespereira e a peña de Novos Xinetes “Os Pinecos” organizan este fin de semana a II FestaCabalar na contorna da Casa da Cultura de Nespereira. Unha celebración que pretende reunir tanto aos afeccionados ao mundo equino como ao resto de veciños da comarca. Para o encontro habilitarase o campo de fútbol de Nespereira como zona de acampada para albergar aos xinetes e as súas monturas.

A acollida dos cabaleiros comezará a tarde do sábado. Ao redor das 22:00 horas, con todos os xinetes xa acomodados, celebrarase unha pequena cea de confraternización con animación musical de man do grupo Sete Cuncas.

O domingo, a partir das 11:00 horas, celebrarase unha proba de orientación. Ao seu termo, ao redor das 14:00 horas, terá lugar a clásica comida campestre con empanada, churrasco, pito, criollos, viño… O menú, do mesmo xeito que a cea do día anterior, costa para 15 euros para os adultos e 7,50 euros para os menores de 14 anos. Despois dun prudente repouso, ao redor das 16:00 horas, comezarán as actividades para todos os públicos entre as que destacan os paseos dacabalo, para nenos e maiores, e a celebración dunha gran xincana con varios premios para os gañadores.

22 de xullo de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.