publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo defende a promoción do talento artesanal colaborando coa Festa Artesanal de Ferreira de Pallares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaGuntínLugo
A-
A+

A Deputación defende a promoción do talento artesanal e a potenciación destes oficios a través da colaboración coa Festa Artesanal de Ferreira de Pallares, cuxa décima primeira edición se celebrará o vindeiro nove de agosto.

A presentación da Festa Artesanal celebrouse esta mañá nos xardíns da Deputación, durante un acto no que participaron o deputado da área de Cultura, Francisco Balado, o presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Carlos Vázquez, e a tenente de alcalde do Concello de Guntín, María José Gómez Rodríguez.

Francisco Balado defendeu a importancia de poñer en valor a riqueza do patrimonio artesanal que atesoura a provincia, sendo de suma importancia a potenciación destes creadores que coa súa arte e o seu traballo difunden o nome da provincia polo mundo.

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Carlos Vázquez, explicou que esta festa ten por obxecto poñer en valor o conxunto monástico de Ferreira de Pallares; amosar o traballo dos artesáns e fomentar a solidariedade entre a poboación rural.

Programa de actos

A actividade entorno ao mosteiro comezará ás nove da mañá coa instalación dos postos de artesáns, e a apertura ao recinto feiral será ás 11:00 horas. Durante toda a xornada haberá exposicións e venda de produtos artesanais; así como diversos talleres de talla de madeira, de forxa, de apicultura e de cestería, entre outros. O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación tamén ofrecerá talleres de cestería e scrapbooking, dirixidos especialmente a nenos.

A programación inclúe ás 13:00 horas degustación gratuíta de filloas, e o pregón será a cargo do catedrático de Filosofía, Ramón López Vázquez, ás 13:15 horas; a continuación celebrarase a misa solemne (13:45 horas), e o xantar de confraternidade terá lugar ás 14:45 horas. Ao longo de toda a xornada, haberá actuacións musicais.

23 de xullo de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.