publicidade hoxe

Xornadas informativas sobre “sexting” en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Dende a Concellería de Servizos Sociais, a través da OMIX de Xove, organizáronse unhas Xornadas sobre SEXTING, dirixidas a tódolos xoves do noso Concello. Que é o sexting. A Wikipedia defíne o Sexting (contracción de sex y texting) como “un anglicismo para referirse al envío de contenidos eróticos o pornográficos por medio de teléfonos móviles”.

O Programa destas Xornadas é o seguinte:

– Martes, 23 de xuño, ás 11:00 horas na OMIX de Xove: CHARLA INFORMATIVA SOBRE SEXTING, a cargo do Plan Director da Garda Civil. Nesta conferencia explicarase en qué consiste o sexting, información sobre os seus riscos e pautas a seguir para a súa identificación e prevención e, no seu caso, denuncia ante as autoridades.  

– Mércores, día 24 de xuño, ás 12:00 horas na Aula de Informática da OMIX:   actividade didáctica “NAVEGACIÓN SEGURA”. Información sobre o uso das contrasinais e a privacidade nas redes sociais, a cargo da voluntaria de informática Jessica López. Posteriormente, participación no xogo tipo trivial multixogador para traballar a prevención de malware (troianos, gusanos, spyware e virus, ) o grooming e o  ciberbullying, a cargo de Lucía Meitín, sexóloga do Departamento de Igualdade do Concello de Xove

– Xoves, día 25 de xuño, ás 16:00 na OMIX: proxección da  película “SEXTING IN SUBURBIA” e posterior coloquio moderado por Lucía Meitín. 16:00 NA OMIX

22 de xuño de 2015 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.