publicidade hoxe

Unha muller foi rescatada tras envorcar un vehículo en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigránSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller foi rescatada na mañá deste luns tras envorcar o vehículo no que circulaba ao seu paso polo termo municipal de Nigrán (Pontevedra). Segundo os datos facilitados polo 112, o sinistro tivo lugar sobre as 8,50 horas na rotonda de entrada a Nigrán ao envorcar un coche cunha muller dentro.

Por iso, foron mobilizados o 061, bombeiros, Garda Civil de Tráfico e o GES de Val Miñor, que confirmou que excarcerara unha persoa do vehículo. Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que trasladou á persoa ferida ao hospital vigués Povisa, segundo sinalaron fontes sanitarias.

Por outra banda, pasadas as 9,00 horas deste luns sucedeu unha colisión dun coche e unha furgoneta na estrada de Tui a Guillarei no municipio pontevedrés de Tui que se saldou cunha muller levada ao hospital vigués Fátima nunha ambulancia asistencial.

22 de xuño de 2015 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.