publicidade hoxe

Un total de 20 traballadores do Concello de Cambre toman posesión como funcionarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Grupo de funcionarios que tomaron posesión

Grupo de funcionarios que tomaron posesión

O Concello de Cambre conclúe o proceso de funcionarización de 20 traballadores laborais fixos que levan anos prestando os seus servizos no Concello. O goberno local tomou a decisión en 2012 de iniciar o proceso de funcionarización destes traballadores, e hoxe os 20 tomaron posesión como funcionarios ante varios dos seus compañeiros. Desta forma, Cambre continúa os mesmos pasos iniciados polo goberno autonómico que tamén levou a cabo o proceso da funcionarización do seu persoal laboral. Ata agora no Concello de Cambre había 21 traballadores en réxime laboral fixo polo que aínda queda un posto que non puido funcionarizarse por renunciar o titular da praza a presentarse. Consolidar os postos de traballo destes traballadores era unha vella reivindicación, xa que na actualidade non era de recibo, segundo o goberno local, que estes traballadores mantivesen esa condición laboral a pesar de levar a cabo as mesmas tarefas e responsabilidades que os seus compañeiros. O alcalde en funcións  de Cambre, Manuel Rivas, presidiu un acto emotivo no que os novos funcionarios tomaron posesión. “Pasaron moitos anos e é de xustiza que a vosa reivindicación se fixese realidade. Quero agradecervos o voso traballo e dedicación aos veciños de Cambre e quero felicitarvos por superar a oposición que vos dá dereito a modificar a vosa condición laboral”, apuntou. Rivas lembrou que este proceso formou parte importante da política laboral que seguiu o seu executivo. “Era unha das nosas prioridades en materia laboral, pero sodes vós os artífices de que se fixo realidade”.

10 de xuño de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.