publicidade hoxe

Touro vivirá a súa Festa do Neno o vindeiro domingo 28 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro vivirá o vindeiro domingo, 28 de xuño, a súa xa tradicional Festa do Neno. Será na Praza do Luar, na zona onde está situada a Casa da Cultura e a piscina. Pero a xornada comezará na área Recreativa da Santaia. Alí, a partir das 11.00 horas, terá lugar unha xornada de pesca infantil destinada a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Os interesados aínda poden inscribirse. A diversión trasladarase xa pola tarde á Praza do Luar, onde haberá inchables, obradoiros, un tobogán acuático e xogos de auga. O horario: de 16.00 a 20.00 horas. O tren turístico comezará o seu percorrido ás 13.00 horas. Xa as 20.00 horas e para despedir a xornada de diversión está programada a actuación do Mago Xacobe.

24 de xuño de 2015 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.