publicidade hoxe

O alcalde de Ponteareas mostra o seu apoio á Asociación “Solidariedade Galega co Pobo Saharauí”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+
Reunión do alcalde coa presidenta de Sogaps

Reunión do alcalde coa presidenta de Sogaps

A presidenta da Asociación “Solidariedade Galega co Pobo Saharauí” (SOGAPS),MaiteIsla, acompañada doutros membros da asociación e do delegado saharauí en Galicia,Habibullah Mohamed Kuri, foi recibida na Casa do Concello de Ponteareas polo seu alcalde, Xosé Represas.

A reunión serviu para que o rexedor municipal puidera coñecer de primeira man cal é a situación actual no Sahara e nos campos de refuxiados saharauís, onde segundo o seu delegado en Galicia “se vive unha situación de emerxencia alimentaria”. Habibullah recordou que a “resolución do conflito pasa pola celebración dun referendo de autodeterminación do pobo saharauí” e apuntou que “o Estado Español, como membro permanente do Consello de Seguridade de Nacións Unidas, pode axudar a resolver a situación dun territorio no que se producen múltiples violacións dos dereitos humanos silenciadas polos medios de comunicación”.

Represas manifestou a intención de estudar a capacidade do consistorio para axudar a paliar o contexto de emerxencia que sofren os campos de refuxiados. O alcalde ponteareán tamén aproveitou para amosar o apoio do concello á causa que defende SOGAPS e para ofrecer a colaboración do concello durante os meses nos que se desenvolva o proxecto “Vacacións en paz”. Unha iniciativa que permitirá acoller a 28 nenos e nenas saharauís, entre 9 e 13 anos, en diferentes casas particulares das comarcas do Condado e da Paradanta durante os meses de xullo e agosto.

O Concello de Ponteareas tamén organizará unha xornada reivindicativa que posibilite a divulgación entre a veciñanza de Ponteareas do conflito saharauí e, asemade, permita achegar un pouco máis a cultura e os costumes deste pobo aos habitantes da vila do Tea.

26 de xuño de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.