publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nomeamentos dos tenentes de alcalde en Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O edil Antonio Fraga, como primeiro tenente de alcalde, e as dúas concelleiras Eva Lata e Mª Esther Lago, como segunda e terceira tenentes de alcalde, serán as persoas que substitúan por esta orde ao alcalde Javier Caínzos en todas as súas funcións en caso de ausencia, vacante, enfermidade ou impedimento que lle imposibilite para o exercicio do seu cargo. Este nomeamentos son xa efectivos tras aprobarse a semana pasada o decreto correspondente, tal e como establece a lei Reguladora das Bases de Réxime Local.

En calidade de primeiro tenente de alcalde, o concelleiro Antonio Fraga exerce de alcalde en funcións desde o pasado sábado, día 20, até o 28 de xuño, ante a ausencia do alcalde.

Deste decretos darase conta no próximo pleno extraordinario da Corporación, así como da constitución dos grupos políticos municipais, das delegacións das áreas de Goberno e do resto dos temas referentes á nova organización municipal.

22 de xuño de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.