publicidade hoxe

Iníciase a construción da senda peonil entre a Praza da Carrasca e o parque empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, visitou hoxe o comezo das obras da senda peonil na Rúa A Carrasca, unha actuación valorada en 100.000 euros que conectará a praza da Carrasca, en Parada, co parque empresarial Porto do Molle. O proxecto, elaborado pola enxeñeira municipal e cun período de execución estimado de tres meses, contempla a habilitación dun itinerario peonil sobre a Rúa da Carrasca cunha lonxitude de 600 metros, así como a repavimentación da calzada, ampliándose en determinados tramos ata os seis metros de ancho, garantindo así en todo o trazado do viario un mínimo de tres metros de ancho por cada sentido de circulación.

A actuación, que ten por obxecto implementar a seguridade viaria desta rúa, tanto para o tráfico rodado como para peóns, mellorará tamén a comunicación entre o parque empresarial e a futuro zona deportiva, cun núcleo de poboación importante como é a zona da Carrasca, así como a imaxe deste viario.

O alcalde subliña a importancia desta actuación, xestionada polo actual equipo de goberno, que seguiu traballando ata o último día por Nigrán, e que seguirá facéndoo a partir do próximo luns desde a oposición.

11 de xuño de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.