publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Gran festa de clausura das escolas deportivas municipais de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Festa das escolas deportivas Frades

Festa das escolas deportivas Frades

O Concello de Frades celebrou este sábado a festa de clausura das escolas deportivas municipais, na que participaron unhas duascentas persoas, entre elas setenta nenos e nenas integrantes das escolas deportivas municipais. A festa comezou no polideportivo de Ponte Carreira a primeira hora da tarde, cuns inchables instalados no interior da instalación ante as orballos que caeron durante a xornada.

Despois, os asistentes gozaron das distintas exhibicións deportivas, en especial das demostracións de patinaxe infantil. O alcalde de Frades, Roberto Rey, fixo entrega de mochilas conmemorativas a todos os nenos e nenas participantes nas escolas deportivas e animounos a seguir practicando deporte para que “o vindeiro ano as escolas municipais de Frades sigan medrando”.  A festa rematou cunha merenda para todos os participantes.

16 de xuño de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.