Este sábado celébrase o XXIII Festival Coral de Verín
O sábado 20 de xuño, a partir das 20.30 horas, a Igrexa da Mercé acollerá o XXIII Festival Coral de Verín. Neste acto participarán a coral Cantarela de O Riós, Coral Polifónica Lembranza de Santa Cruz (A Coruña) e Asociación Verinense ‘Amigos da Música’, que interpretarán os temas O carro, A gaita vella, Vals da roda, Vai mariñeiro, A raíz do toxo verde, Airiños, Marinera, La flor de la canela, Cantares ou Negra sombra, entre outros.
No festival, organizado pola Asociación Verinense ‘Amigos da Música’, colaboran Concello de Verín e a Comunidade Mercedaria de Verín. No mesmo, que naceu no ano 1997, participaron ao longo destas últimas edicións agrupacións galegas, portuguesas e casteláns.