publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Conferencia sobre o linfedema e os seus tratamentos no hospital Marítimo de Oza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOza/Cesuras
A-
A+

A Asociación Galega de Linfedema (AGL), www.linfedemagalicia.com, entidade que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), organiza unha conferencia na que se vai abordar a enfermidade do linfedema dende diferentes visións de profesionais que a tratan e tamén de pacientes que a teñen.

O venres, 26 de xuño, no salón de actos do hospital Martítimo de Oza, o presidente de AGL, Juan Manuel Lameiro, será o moderador da conferencia que contará coa participación da  médica rehabilitadora no hospital de Oza, Rosa Martín Mourelle, o fisioterapeuta especializado en linfedema, Carlos Manero García, e a profesional de prendas ortoprotésicas, Manuela López de Vicuña Edreira.

A conferencia está aberta a todas as persoas que estean interesadas en acudir, e ten por finalidade achegar aos profesionais da saúde información actualizada sobre esta doenza, que en Galicia a teñen diagnosticada 54.000 persoas. Outras das finalidades deste encontro é xuntar a profesionais, pacientes e persoas interesadas nesta patoloxía e pretende ser un punto de partida para intentar mellorar a atención desta enfermidade que se coñece como elefantiase. 

25 de xuño de 2015 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.