Comezan as actividades de verán en Soutomaior
Mañá mércores día 1 de xullo inícianse as Actividades de Verán 2015 do Concello de Soutomaior onde este ano participan 376 nenos e nenas deste Concello e que finalizarán o sábado 2 de agosto. Esta primeira semana, que servirá de presentación dos participantes cos 7 monitores que velarán polo bo funcionamento das actividades programadas, desenvólvese no porto de Arcade cos seguintes horarios:
Grupo A: (3-4 anos) –Mércores 1- Peirao de Arcade de 17,00 a 19,00 horas –Actividade: Mini Olimpíadas
Grupo B: (5-6 anos) –Mércores 1- Peirao de Arcade de 11,00 a 13,00 horas –Actividade: Mini Olimpíadas
Grupo C: (7-8 anos) –Xoves 2 – Peirao de Arcade de 11,00 a 13,00 horas –Actividade: Mini Olimpíadas
Grupo D: (9-10 anos) – Venres 3 -Peirao de Arcade de 10,30 a 13,00 horas –Actividade: Olimpíadas Tolas
Grupo E: (11-12-13-14 anos) –Xoves 2 -Peirao de Arcade de 17,00 a 19,00 horas –Actividade: i Olimpíadas Tolas.
Estes primeiros día de actividades aproveitaranse os grupos D e E para confeccionar os grupos de Vela e Esquí Náutico.
O venres pola noite a partir das 22,30 horas haberá a “velada na noite” cunha actividade de rastrexo que poderán participar todos os nenos acompañados dos seus pais. O lugar de reunión será o Pavillón Municipal A Montesina