publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Arzúa faise con catro dos seis Campionatos Intermunicipais de Fútbol sala en Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaDeportes
A-
A+
Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala

Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala

Arzúa fíxose con catro dos seis Campionatos Intermunicipais de Fútbol sala 2015 disputados durante este fin de semana en Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Os equipos que representaron ás Escolas Deportivas de Arzúa (EDA) fixéronse coas ligas Intermunicipais de Fútbol sala 2015 nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. O equipo que representou a Melide levou o campionato da categoría prebenxamín e tamén se fixo coa categoría feminina.

Máis de 250 nenos de entre seis e 15 anos participaron durante este fin de semana no Torneo Intermunicipal de Fútbol que se disputou en Touro. Tras a fase eliminatoria citáronse no Torneo equipos de fútbol sala que representaron aos concellos de Touro, Arzúa, Ordes, Melide, Curtis e O Pino. O Torneo Intermunicipal de Fútbol sala disputouse no Pavillón Municipal de Deportes, situado en Fonte Díaz.

Melide foi o campión en categoría prebenxamín. A final disputouna fronte ao equipo de Ordes, ao que venceu 10-5. O terceiro lugar foi para Escolas Deportivas Municipais (EDM) Concello de Curtis, tras gañar 5-3 a EDA Arzúa. As EDA de Arzúa proclamouse campión na categoría benxamín. Na final venceu 6-3 a Melide. O terceiro posto levoullo EDM Curtis que goleou 10-2 a Ordes.

O Campionato Intermunicipal de Fútbol sala 2015 na categoría alevín levouno EDA Arzúa tras gañar a Curtis na final por un 3-1. Melide foi terceira ao gañarlle 4-3 a Touro nun apertado partido. As EDA Arzúa tamén levou a liga de categoría infantil. Gañou 4-2 a Melide. Touro foi medalla de bronce ao gañarlle a Curtis cun contundente 4-0.

A categoría cadete tamén foi para as vitrinas do equipo de Arzúa. A final disputouna fronte ao equipo de Melide, ao que venceu 4-1. Touro foi terceira. Gañou con goleada. 6-1 fronte ao equipo do Pino. Por último, o equipo de Melide levou a categoría feminina. Gañou 3-2 á Arzúa. Tras a disputa das finais, procedeuse á entrega de trofeos aos mellores equipos. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, exerceu de anfitrión. E entregou os premios acompañado da concelleira de Deportes do Concello de Touro, Adela Iglesias.

8 de xuño de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.