publicidade hoxe

A Escola Galega da Paisaxe apoia o plan para limitar o acceso á praia das Catedrais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibadeo
A-
A+
Europa Press

A directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, defendeu este luns a proposta da Xunta de limitar o acceso á praia das Catedrais, en Ribadeo (Lugo) e recordou que a “primeira obriga” da sociedade é “coidar da natureza e do patrimonio”. Así se referiu Aguirre, nunha entrevista concedida á Cadena Cope, ao plan que porá en marcha a Xunta o próximo 1 de xullo para limitar o acceso ao areal e ao que se opón o Concello de Ribadeo.

Isabel Aguirre recordou que o plan para As Catedrais ten moitas similitudes polo posto en marcha por ela para o mosteiro de Caaveiro, que tamén limita o acceso con vehículos para preservar o monumento. “A filosofía é a mesma: a natureza é moi fráxil e tense que respectar”, explicou Aguirre, quen recordou que os cidadáns teñen dereito “a ir a todos os sitios, pero non cando queiran nin todos ao mesmo tempo”, xa que “a primeira obriga é coidar a natureza e o patrimonio”.

Neste sentido, evidenciou o seu apoio ao plan que a Xunta propón para o areal lucense e recordou que esta praia “é mais que natureza vexetal”, en alusión á paisaxe dos seus acantilados, que, “se se destrúe, non se rexenera”. Isabel Aguirre restou consecuencias a este plan e recordou que iniciativas similares xa se implantaron noutros recursos naturais, como é o caso das Illas Cíes, a onde “un non pode ir cando queira”.

22 de xuño de 2015 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.