publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Víctor G. Novás e Juan Manuel Álvarez Romero inauguran a exposición “Diorema Atlántico” na Casa das Palmeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa das Palmeiras acollerá este sábado, ás 20 horas, o acto de inauguración de “Diorema Atlántico”, unha exposición cos mellores traballos pictóricos de Víctor G. Novás e Juan Manuel Álvarez Romero “Mané”. Con entrada libre e gratuíta, no transcurso do mesmo, este último presentará o seu libro de poemas “Errante”, do que J. Carlos del Valle, “Karlotti”, lerá algunhas das pezas.

A partir da próxima semana, a mostra poderá visitarse de luns a sábado de 18 a 21 horas. Ademáis, os centros de ensino teñen a posibilidade de concertar visitas guiadas á exposición en horario de mañá. Para isto, tan só teñen que poñerse en contacto coa Casa da Cultura de Neda (teléfono 981 39 02 33).

15 de maio de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.