publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Uns 200 xóvenes competirán no II Torneo Fútbol Base Concello da Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

Uns 200 xóvenes de entre seis e 11 anos participarán o próximo sábado, 16 de maio, no II Torneo Fútbol Base Concello da Baña. Está previsto que participen no campeonato de Fútbol-8 Benxamín e Alevín os equipos Xallas de Santa Comba, C.D. Baio, Sporting Zas, S.D. Dubra, S.D. Negreira, Outes F.C. e S.D. A Baña. O torneo, organizado pola Concellería de Xuventude e Deportes do Concello da Baña, comenzará ás 9.00 horas no Campo Municipal de Cartas. Ramatará xa entrada a tarde.

O concelleiro de Xuventude e Deportes da Baña, Manuel Tourís, confía en que esta cita deportiva para os máis novos “poida consolidarse no futuro”, ainda que esta é a súa senda edición. Según os seus cálculos, “máis de 200 xóvenes competirán” durante todo o día no Campo Municipal de Fútbol de Cartas. Competirán seis equipos da zona de Xallas, Barcala, Dubra e Costa da Morte en dúas categorías: benxamín e alevín. “Queremos que sexa unha festa do fútbol base”, apunta o concelleiro, que destaca o éxito que tivo a edición do ano pasado.

A competición, que se rexerá polo regulamento de fútbol 8 da Federación Española de Fútbol, organizarase nun grupo de seis equipos tanto en categoría benxamín como alevín. Xogarase unha liga entre todos os equipos e clasificaranse para semifinais os catro primeiros. A duración dos partidos será de 20 minutos. Haberá trofeos para o primeiro e segundo clasificado, para o máximo goleador e para o porteiro menos goleado.

13 de maio de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.