publicidade hoxe

Soutomaior premia aos seus escritores máis xóvenes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

Un ano máis as mellores plumas novas de Soutomaior teñen ocasión de mostrar a súa valía no certame literario “Verbas para…comunicar”. Organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior, e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este concurso pretende potenciar o uso da lingua galega, o seu gran valor literario e reafirmar a súa expresión como lingua próxima, útil e moderna. Un certame que este ano alcanza a súa oitava edición e que esta mañá reuniu aos máis de 280 participantes para a entrega de premios nos colexios. A edil de Xuventude, Noelia Ocampo, foi a encargada de entregar os galardóns aos doce mozos que se impuxeron nas dúas categorías do concurso.

“Verbas para…comunicar” pretende potenciar o uso da lingua galega, o seu gran valor literario e reafirmar a súa expresión como lingua próxima, útil e moderna entre a mocidade. Mediante a redacción dun texto breve, de carácter persoal, os 175 participantes do certame expresaron as súas opinións e sentimentos, unha mensaxe feita para compartir cos demais a súa visión do mundo actual.

A edil Noelia Ocampo agradeceu a todos os mozos a súa participación e o seu apoio nun concurso que “pretende favorecer a participación da mocidade na creación de textos orixinais co obxectivo de normalizar e fomentar o uso da lingua galega entre este colectivo, fóra de contextos formais e rompendo posibles estereotipos”.

Durante o acto de entrega de premios procedeuse á lectura das composicións premiadas e a continuación realizouse un sorteo entre todos os participantes de dous diccionarios da Real Academia da Lingua Galega ademais de obsequiar a todos os asistentes cun pequeno recordo.

Os premiados foron, na categoría de 12 a 14 anos, Óscar Álvarez, Uxía López e Lúa Costas, do Padín Truiteiro. Por parte do Colexio Santiago Apóstolo, os vencedores foron Kesia Martínez, María Acivro e Alejandro Padín. Na categoría de 15 a 18 anos impuxéronse Javier Montero e Andrea Fátima Vila por parte do Padín Truiteiro, e Lucía Alonso, Sara Barreiro, Antía Iglesias e Andrea Paz, do Santiago Apostol. As composicións premiadas estarán dispoñibles na web do Concello de Soutomaior www.soutomaior.com/xuventude, no apartado de concursos.

15 de maio de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.