publicidade hoxe

Propostas culturais para a fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

As propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo inclúen:

Venres 29 de maio

20.30 h – Curral do Marqués – Taragoña. PRESENTACIÓN: Celebración DE GONZALO HERMO E O Suplemento cultural núm. 105 da Voz de Barbantia

Sábado 30 de maio

13.00 a 16.00 h – Establecementos hosteleiros de Rianxo. PASABARES NO X SERÁN MAR DE RIANXO. Dentro da Programación do Serán Mar de Rianxo organizado pola Asociación Vai de Roda, dende as 13.00 ás 16.00 horas terá lugar un Pasabares por diferentes establecementos hosteleiros de Rianxo amenizado pola agrupación Pasabodeghas Troup.

19.00 h – Campo de Arriba de Rianxo. X SERÁN MAR DE RIANXO DA ASOCIACIÓN VAI DE RODA. Xa vai dez anos que a Asociación Vai de Roda organiza o Serán Mar de Rianxo, así que a artir das 19.00 horas (non das 20.00 h como aparece nos cartaces) terá lugar o comezo do Seranciño para aqueles máis novos poidan tocar, bailar e cantar para dar paso a partir das 22.00 horas ao Serán.

20.30 h – Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. PRESENTACIÓN DO POEMARIO: Boca de Gárgola DE MARIÑA PÉREZ REI. A escritora Mariña Pérez Rei, achégase a Rianxo para presentar o seu libro de poemas Boca de Gárgola, no acto de presentación ademais da autora estarán presentes Martín Pérez Fernández (fotógrafo) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde en funcións do Concello de Rianxo.

Domingo 31 de maio

20.00 h – Auditorio de Rianxo. CONCERTO DE CLAUSURA DA AULA DE DIRECCIÓN DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO. Baixo a dirección do mestre David Fiúza o alumnado da Aula de Dirección da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto de clausura da mesma.

27 de maio de 2015 | 11:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.