publicidade hoxe

Pazos de Borbén abre o prazo de inscrición do seu campamento de verán para cativos de 9 a 15 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén abre o prazo de inscrición do seu campamento de verán para nenos de 9 a 15 anos. A acampada celebrarase os días 20 e 21 do próximo mes de xuño nas instalacións da Aldea Guntín, na Cañiza. Os campamentos de verán pretenden contribuír ao desenvolvemento integral dos nenos e fomentar valores como o compañeirismo e a colaboración mediante xogos, talleres e películas entre outras actividades.

O prezo da actividade é de 25 euros e inclúe a manutención dos pequenos, polo que só necesitarán levar un saco de durmir e esterilla, unha muda completa, calzado deportivo e material de aseo. Os participantes terán que estar nas instalacións ás 10:30 do día 20 e a recollida realizarase o domingo 21 ás 17:00 horas no mesmo lugar. Pasarase a noite en tendas de campaña salvo mal tempo, que se trasladaría a bungalows e instalacións cubertas.

Para formalizar a inscrición terase que encher a solicitude, ademais da autorización de asistencia e a ficha médica do neno, que se pode recoller nas oficinas da OMIX de Pazos de Borbén, e achegar o comprobante bancario de realizar o ingreso da matrícula do campamento. Os interesados en ampliar información deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.

26 de maio de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.