publicidade hoxe

Os contos de Joselín con Quico Cadaval e Celso Sanmartín pechan o programa cultural de maio en Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A programación cultural en Teo deste mes de maio pecha mañá co espectáculo “Os contos de Joselín” con Quico Cadaval e Celso Sanmartín. A actuación no CSC da Ramallosa comezará ás 21:00 horas e a entrada é de balde. Joselín (José Rodríguez de vicente) foi o primeiro contador galego que gravou 23 dos seus contos máis populares. Hoxe Quico Cadaval e Celso Sanmartín revisitan as temáticas dos Contos de Joselín, os primeiros documentos sonoros do teatro galego. Trátase dunha contada na que está garantida a risa e na que se poderán escoitar historias de mortos, de caciques, de curas, de personaxes singulares…

Este patrimonio cultural galego, que tivo un enorme éxito no seu momento e do que bebe a oratoria popular posterior, recupérase grazas a un estudio da profesora Laura Tato e á reedición dos contos da man de aCentral Folque, encargada do espectáculo. O Concello de Teo agradece aos asistentes que fagan unha contribución ao Banco Veciñal de Alimentos (principalmente leite ou conservas). 

29 de maio de 2015 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.