publicidade hoxe

O salón de plenos municipal acollerá un debate entre tres dos catro candidatos á alcaldía de Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O salón de plenos do Concello de Teo acolle un debate entre tres dos catro cabezas de lista ás eleccións locais do 24 de maio. O encontro será mañá sábado 16 de maio ás 12:00 horas no salón de plenos municipal e dende as formacións políticas animan á cidadanía a asistir e participar coas súas preguntas e suxestións. Este debate retrasmitirase por streaming dende a web municipal premendo no banner En directo que aparece na marxe dereita da páxida de inicio de teo.gal.

O encontro contará coa presenza de Manuel Anxo Fernández, candidato á alcaldía do BNG-Asambleas abertas, Uxía Lemus, candidata á alcaldía do PSdeG-PSOE e de Rafael Sisto, candidato á alcaldía por SondeTeo-Anova. O candidato do Partido Popular, José Manuel Guerra, decidiu non participar neste debate.

Os/as acaldables realizarán unha intervención inicial de dez minutos no que farán unha exposición das liñas principais do seu programa de goberno. A continuación abrirase unha quenda para as preguntas do público asistente.

15 de maio de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.