publicidade hoxe

O Concello de Cervo dota de equipación ao equipo feminino de voleibol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
Equipo de voleibol feminino

Equipo de voleibol feminino

O Concello de Cervo informa de que vén de colaborar co equipo de voleibol feminino xuvenil, composto por 14 xogadoras, e que leva dende decembro adestrando no pavillón municipal da Veiga. En concreto, o goberno local vén de financiar as súas equipacións de cara aos partidos amigables que disputarán proximamente.

O equipo de voleibol feminino xurdiu a raíz das Escolas Deportivas. Un grupo de rapazas propuxéralle ao Concello incluír esta disciplina dentro da oferta das Escolas e dende entón comezaron a asistir a clases e incluso a adestrar para  participar en competicións e co obxectivo de continuar con esta actividade deportiva. 

O edil de Deportes, Luis Guillén, asegura que través das Escolas “pretendemos canalizar as preferencias deportivas dos veciños, adaptando a oferta aos gustos maioritarios, sempre tentando diversificar e que existan numerosas opcións”. Neste caso “falamos de apoiar o deporte feminino para favorecer que as rapazas formen equipo e contribuír a que se inicien no xogo competitivo”.

20 de maio de 2015 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.