publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cotobade contrata a 5 traballadores desempregados para conservación e mantemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Concello de Cotobade contratou a 5 traballadores desempregados ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2014 da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de Risga.

Os traballadores, persoas perceptoras de Risga e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas, levarán a cabo as labores de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE EDIFICIOS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS” tendo unha duración de 7 meses.

Para realizar a contratación destes 5 traballadores, o Concello de Cotobade recibiu unha axuda por importe de 50.361’15 € que sufragarán os costes salariais e seguridade social a cargo da empresa.

Estes 5 traballadores veñen a sumarse aos 20 traballadores xa contratados ao abeiro Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais da Deputación Provincial de Pontevedra; recibindo o concello un total de 133.998’75 € (no que vai de ano 2015) para o fomento do emprego en Cotobade e así mellorar a empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional destes 25 traballadores.

18 de maio de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.