publicidade hoxe

Coro Piñeiro visita o centro de día e ocupacional de discapacidade de Aspamite en Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+
Coro Piñeiro na visita ao centro de Aspamite

Coro Piñeiro na visita ao centro de Aspamite

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, visitou hoxe o centro de día e ocupacional da Asociación de pais de persoas con discapacidade de Teo (Aspamite), unha iniciativa que se enmarca na rolda de visitas que Piñeiro está a realizar desde principios de ano aos centros residenciais públicos de Galicia co obxectivo de analizar de cerca as necesidades e as inquietudes vinculadas aos mesmos, tanto no plano material, como persoal, ou de recursos humanos.O centro de día e ocupacional de discapacidade de Aspamite en Teo conta cun total de 24 prazas ás que a Consellería de Traballo e Benestar destina anualmente preto de 220.000 euros. O departamento autonómico está a destinar este ano ao eido da discapacidade 100 millóns de euros.

4 de maio de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.