Carla López López actuará na igrexa dos Escolapios
A alumna do Conservatorio Municipal “mestre Ibáñez”, Carla López López , forma parte da orquestra de nenos da sinfónica de Galicia, que actuará este domingo día 31 de maio na igrexa dos Escolapios. A alumna de 13 anos de idade, que está a cursar segundo de grao profesional na especialidade de violín no centro Monfortino, forma xa parte da orquestra dende fai dous anos.