publicidade hoxe

Bo arranque de tempada para Cerdedoenrali

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoDeportes
A-
A+

Bo inicio de tempada para a Escudería Cerdedoenrali no circuíto da comunidade valenciana. Máis dun centenar de coches, repartidos en varias categorías, dábanse cita o pasado fin de semana no trazado de Cheste para comezar unha nova edición do Campionato de España de Resistencia.

Os adestramentos cronometrados do sábado serviron aos equipos de toma de contacto coa pista e os rivais deste ano. Un oitavo lugar en grella de saída para a primeira carreira e un sexto para a segunda facían esperar unha carreira emocionante. Na matinal do domingo, Juan Campos realizaba unha saída limpa e remontaba posicións ata chegar a un fenomenal terceiro posto baixo a bandeira a cadros. “A carreira complicouse desde a primeira curva, onde se formou unha montonera de, polo menos, 10 coches. Logo durante os 48 minutos que durou a proba puidemos remontar ata o terceiro posto”

A segunda das carreiras, disputada cun calor abrasador cara a que mecánicas e pilotos tivesen un extra de dificultade. Nesta ocasión o piloto galego lograba unha meritoria sexta praza. Ambas as carreiras foron gañadas por equipo formado por Raúl Castilla e José de los Milagros cun Hyundai coupe evo. Ao final do fin de semana unha boa recompensa para a expedición galega a terras do Turia.

Desde o equipo queren mostrar o agradecemento a todos os patrocinadores e colaboradores por continuar un ano mais apoiándolles. 
A próxima cita será o 30 e 31 de Maio no circuíto do Xarama.

4 de maio de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.