publicidade hoxe

A Ramiro Carregal apunta a unha vintena de veleiros nun percorrido polas rías galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPorto do Son
A-
A+

A Ramiro Carregal Rey apunta na listaxe de inscritos unha vintena de veleiros que abanderan vilas como as de Portosín, Vilagarcía, Rianxo, Riveira, Sanxenxo e A Coruña, nunha das grandes citas anuais organizadas polo Real Club Náutico portosinense.

A edición de 2015 do Gran Trofeo Faro de Corrubedo terá o seu bocinazo de saída este próximo sábado 30 de maio, un primeiro percorrido costeiro que levará aos participantes desde a Ría de Muros e Noia ata a de Arousa, tendo por testemuña o propio Faro co que se premia a Carregal Rey, evento de excelente traxectoria ao longo destes anos.

Tres serán as clases nas que estará dividida a flota: Regata, Regata/Cruceiro e Cruceiro, mantendo unha equidade deportiva para igualar o rendemento de cada barco segundo a súa eslora e capacidade vélica.

A beleza paisaxística é un dos baluartes na cita deste ano, que debuxa o seu trazado inverso ao de 2014, partindo os veleiros desde as inmediacións de Portosín para arribar ás augas de Riveira.

O Paso de Sagres, será unha das claves da Carregal Rey, para evitar o contorneo en Sálvora, gañando en millas e tempo de percorrido.

O domingo disputaranse dous barlovento-sotavento en Riveira, sendo o seu Náutico e Deportivo colaborador na organización co de Portosín. 

27 de maio de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.