publicidade hoxe

A comisión de Facenda dictamina favorablemente a aportación municipal para afrontar a adaptación dos parques infantís de Fene á normativa europea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, informou esta mañá de que a comisión de Facenda dictaminou favorablemente, cos votos a favor do PP, en contra de IU e a abstención de PSOE e BNG, unha aportación municipal duns 10.000 euros para levar a cabo as intervencións para a adaptación de sete parques infantís á normativa europea. Esa cuantía correspóndese ao 20% máis IVE que o Concello debe aportar para completar a subvención concedida pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia para este fin. Unha achega superior aos 21.000 euros, que supón o 80% do orzamento total. O seguinte paso será agora levar o asunto a pleno, este mesmo venres ás 8,30 horas. Nesta liña, o edil Juan José Franco explicou que para no perder os fondos procedentes da Xunta o Concello debe aprobar, contratar, realizar e concluír as intervencións antes do 30 de setembro, de ahí que acelere a tramitación para garantizar que a subvención non perigue.

Juan José Franco sinala que o uso continuado ao longo do tempo derivou no deterioro dalgúns aparellos que, coa actuación prevista, se prevén sustituir ou reparar. Así mesmo, ese mesmo paso do tempo impuxo cambios normativos que tamén se prevén atender. Deste xeito, Juan José Franco explica que as intervencións previstas son as seguintes: nos parques da Praza Verde do Ameneiral e Rosalía de Castro (ambos na parroquia de Perlío); parque de Curros Enríquez (Maniños); parque do Souto (Sillobre); parque da Hortiña (Limodre), e parques da Praza e da Praza do 10 de Marzo (San Valentín). Así mesmo, e co ánimo de extender a rede de parques biosaudables, tan en auxe nos últimos tempos, o Concello tamén se propón coa achega habilitar unha área deste tipo na parroquia de Sillobre, na zona posterior ao local social de San Marcos.

19 de maio de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.