publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Asociación de Comerciantes de Curtis entrega os seus premios da Feira Multisectorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

A Asociación de Comerciantes de Curtis entregou onte os premios á participación da III Feira Multisectorial, que reuniu a máis de 5.000 persoas durante este primeiro fin de semana de maio no Recinto Feiral.

Os galardóns á mellor caseta, entre os preto de sesenta postos participantes, foron para Jerolas, elaboración e deseño de bolsos, e para mueblería Sánchez. O premio ao empresario que mellor e máis maquinaria innovadora achegou recaeu en Comercial Romay, firma que se está implantando no polígono de Teixeiro. A Asociación tamén quixo destacar, na parte da feira gandeira, ao mellor cabalo e ao mellor exemplar bovino e porcino.

A pesar do tempo inestable, foi moi numerosa a afluencia de visitantes á feira durante o sábado e domingo, que puideron non só coñecer a calidade do comercio da zona senón tamén gozar das actividades que se desenvolveron, como o desfile de coches clásicos, a ruta dacabalo ou a degustación gratuíta da empanada de grelos e queixo de Curtis, receita preparada para a ocasión polos panadeiros locais.O domingo, ademais, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, acompañada polo alcalde Javier Caínzos e membros da directiva da Asociación de Comerciantes, achegouse ata o Recinto Feiral a coñecer as distintas casetas e interesarse polos produtos e os empresarios.

4 de maio de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.