publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Vedra en festas durante o mes de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

XIII FESTA DO CARNEIRO AO ESPETO EN SAN XIÁN DE SALES O 1 DE MAIO
 
A partir das 14.30 h o Campo da Festa de San Xián será o esceario desta romería gastronómica  co seguinte menú: entrantes, carneiro, patacas, ensalada, pan, viño, refrescos, postre e café. Por un prezo de 18 € para as persoas adultas e de 12 € para menores de 10 anos.  A festa estará amenizada polo Grupo Óbice.
 
FESTAS DO SAN PEDRO MÁRTIR EN MERÍN O 2 E 3 DE MAIO
 
SÁBADO 2 DE MAIO: Festa na hora a San Antonio. Ás 10 h. Misa rezada e misa solemne ás 13.30 h. Sesión vermú co “Grupo Channel”
Pola noite gran verbena con “Grupo Channel” e “Gran Vía” e ao rematar “PHANTON DISCO” fará a presentación da tempada 2015.
 
DOMINGO 3 DE MAIO: Festa na hora da San Pedro Mártir. Misas rezadas ás 10, 11 e 12 h e misa solemne ás 13.30 h. Concerto e sesión vermú ca “Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla” e “Dúo Máster” e pola noite:
- Ás 21 h. O contacontos CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN  con “CONTOS QUE NON FALTEN”
- A continuación gran verbena con: “DÚO MÁSTER” e “GRUPO MOSAICO”. Gran tirada de fogos de artificio a cargo de Pirotecnia Gaiteiro de Vedra
 
FESTA DA ORELLA EN SAN FINS DE SALES O 3 DE MAIO

Con ela o Campo da Festa do Souto será o lugar ideal para pasar unha xornada de festa na que a orella será a protagonista (tanto salada coma dulce)… Pero ademáis co seguinte programa.
*Ás 12 h misa solemne
*Ás 12.30 h Pregón a cargo de Carlos Martínez Carrillo (alcalde de Vedra)
De seguido as seguintes actuacións musicais:
 
- Grupo folclórico da Asociación Cultural Agarimo
 
- Charanga pola Corda(Sociedade Recreativa de San Xoán de Calo)
 
- Pandereteiras Silandeira (San Xián)
 
… E a partir das 18.30 h actuación – presentación da nova tempada da orquestra ASSIA
 
IX FESTA DO PORCO Á BRASA  EN TROBE O 17 DE MAIO
 
Celebrarase no local multiusos desta parroquia. Pregón a cargo de Angel Benavente (Do Centro Superior de Hostelería de Galicia). A xornada gastronómica comezará a partires das 14.30 h. O xantar terá un prezo de16 € para as persoas que retiren a súa entrada anticipada
(retiradade tickets  na Dorna, Casa Mera, Bar A Liada e A Colmena).  Venda de entradas na propia festa por 18 €. Menores de 10 anos 5 €

24 de abril de 2015 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.