publicidade hoxe

Rogelio Martínez avalía liñas de colaboración coa directiva da residencia de maiores “Ansuiña-Molgas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaños de MolgasOurense
A-
A+
Rogelio Martínez na residencia de Baños de Molgas

Rogelio Martínez na residencia de Baños de Molgas

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, mantivo hoxe un encontro cos responsables da Residencia de Maiores da localidade de Baños de Molgas “Ansuiña-Molgas”, cos que abordou posibles liñas de traballo conxunto. Este centro, que ten capacidade para 18 persoas, logrou a autorización para iniciar a súa actividade coa tipoloxía de mini-residencia hai pouco máis dun ano. O cadro de persoal, para unha plena ocupación, estaría composto de sete traballadores entre xericultor, fisioterapeuta, traballador social, animador sociocultural e persoal de limpeza. Na visita, na que Martínez coñeceu as instalacións deste centro residencial de maiores, estudáronse posibilidades de futuras vías de colaboración.

21 de abril de 2015 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.