publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os Vilares entrega este sábado o premio ao Trapeiro de Honra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

Os Vilares lareira de soños entregará este sábado día 18 de abril ás 12 na Casa das Palabras de Guitiriz o Premio Trapeiro de Honra 2014 a Díaz Castro. A entrega será realizada por José Luís López Fraga, Luís de Patricio a Alfonso Blanco Torrado, depositario da memoria e obra do poeta vilarego a través da A.C.Xermolos.

Nese acto anunciaron tamén o Premio do presente ano 2015. O primeiro premio, do 2014, recaeu en Xosé María Díaz Castro coincidindo tamén coa dedicatoria das Letras Galegas e este ano de entrega do mesmo conmemórase os 25 anos da súa morte.

Ninguén máis indicado para entregado, neto e afiliado do trapeiro máis coñecido da parroquia, o señor Pedro de Patricio e ninguén máis indicado para recollelo, o maior defensor e difusor da vida e obra do poeta do Vilariño.

Este premio é o recoñecemento e promoción de persoas e entidades que teñen traballado pola parroquia dos Vilares. Consiste nun lenzo nominal do premiado/a e ten carácter simbólico. O lenzo representa o trapo ou farrapos do que foi un símbolo dunha parroquia humilde e traballadora e quedará depositado na Casa das Palabras interactuando con outras obras artísticas e literarias arredor do noso poeta.

13 de abril de 2015 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.