publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Aranga implanta a sede electrónica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAranga
A-
A+

Para dar cumprimento ao disposto na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, creouse a sede electrónica do Concello de Aranga, delegando a súa xestión e administración na Deputación Provincial da Coruña.

A tal efecto aprobouse unha ordenanza municipal que regula a Administración electrónica, e que foi publicada no Boletín Oficial da Provincia do 18 de decembro de 2014 e na páxina web do Concello.

Deste xeito, e a partir do día 23 de abril de 2015, o Concello de Aranga estará aberto as 24 horas do día para os seus veciños.

Trátase dun novo xeito de tramitar as xestións no Concello sen saír da casa ou da oficina, sen colas nin horarios, con transparencia e con seguridade dos datos a través do DNI electrónico.

Pódese obter o volante de empadroamento ao momento.

A U.R.L. é https://sede.aranga.es aínda que tamén existe un banner na web municipal www.aranga.es con enlace á sede.

21 de abril de 2015 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.