publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Auditorio de Cedeira acolle o domingo a proxección da comedia “Nunca es demasiado tarde”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá este domingo, 12 de abril, unha nova sesión do mellor cine. Neste caso, o Concello proxectará a comedia británica “Nunca es demasiado tarde”, dirixida por Uberto Pasolini. O pase dará comezo ás 19 horas co prezo habitual de 2,5 euros.

O filme narra a historia do solitario, dilixente e traballador John May, un empregado do Concello, encargado de atopar aos familiares daquelas persoas que falecen soas. A súa vida, tranquila e monótona, dará un xiro inesperado cando o seu xefe lle comunique o seu despido por mor dos recortes. Aínda co seu último caso entre mans, John liberaráse das rutinas que teñen gobernado a súa vida ata ese momento.

9 de abril de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.