publicidade hoxe

Comeza o Taller de Teatro Infantil “Pimpim” con 32 nenos inscritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

Arrinca unha nova edición do Taller de Teatro Infantil “Pimpim”, unha actividade para nenos e nenas de infantil e primaria no que participan 32 alumnos. O taller desenvolverase todos os venres de abril, maio e xuño, e será nese último mes cando os participantes representen as pezas teatrais que ensaiarán durante este tempo.

Unhas obras de teatro con guións propios, escritos e ideados polas monitoras do taller, adaptados ao nivel dos nenos, ás súas idades e preferencias. A primeira sesión tivo lugar o venres pasado, e incluíu xogos para favorecer o contacto entre todos os participantes, pero a partir do venres que vén xa comezarán os ensaios das obras.

O Concello leva tres anos ofrecendo o Taller de Teatro Infantil, cuxos participantes pasaron a conformar recentemente o Grupo Municipal de Teatro “Pimpim”.

A edil de Cultura, Begoña Alonso, asegura que “esta actividad se incluye en la oferta lúdica y didáctica que ponemos en marcha para el público infantil, facilitando que los niños tengan opciones para el entretenimiento y el aprendizaje”.

13 de abril de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.