publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra destina 60.000 euros a pavimentar e ensanchar varios camiños na Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaPontevedra
A-
A+

O organismo provincial, na súa Xunta de Goberno deste venres, aprobou destinar unha partida de 60.010,54 euros para mellorar a pavimentación en varios camiños de Berducido, Gaxate, Seixido e Barcia. En concreto, repararase o firme do camiño da Freixa, en Berducido e o da Rocha, en Gaxate; o da estrada que une Firvida e Cambeses; e o do camiño central de Cambeses, en Barcia.

Con cargo ós fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Deputación, os traballos previstos no proxecto aprobado hoxe inclúen a limpeza de gabias; a reparación do firme, coa instalación dunha nova capa de rodaxe; e o repintado da sinalización viaria dos camiños.

Tamén se ampliarán as beirarrúas e se acondicionarán os sistemas de recollida de auga e os sumidoiros, con tapas e arquetas novas.

Así mesmo, o proxecto contempla que para ensanchar o camiño central de Cendón será preciso derrubar parte dunha edificación que, segundo as características do novo acondicionamento da zona, se reconstruirá nunha nova aliñación.

O prazo de execución da obra será de tres meses.

13 de abril de 2015 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.