publicidade hoxe

Rueda destaca cooperación para beneficiar a aos pequenos concellos do rural galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFolgoso do Courel
A-
A+
Rueda en Folgoso do Courel

Rueda en Folgoso do Courel

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado da alcaldesa da localidade, Dolores Castro comprobou hoxe in situ as actuacións levadas a cabo nos últimos exercicios no concello de Folgoso do Caurel grazas a axudas da Vicepresidencia.

Alfonso Rueda destacou que o concello recibiu preto de 150.000 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de infraestruturas, aos que hai que sumar outros 68.000 euros do Plan de Camiño. Grazas a estas axudas o concello pode levar a cabo actuacións que benefician directamente aos seus veciños e contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida.

O Fondo de Compensación Ambiental, permite aos concellos beneficiarse das explotacións eólicas, e no caso de Folgoso, logrou a través da liña competitiva axudas de 70.000 euros, coas que puido mellorar infraestruturas rurais e acondicionar espazos públicos, así como recuperar ambientalmente o entorno do centro de saúde de Seoane.

En canto á orde de infraestruturas, a Xunta apoia aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. Tamén se poden subvencionar actuacións de mellora do alumeado público e pavimentación de vías municipais, obras importantes para a calidade de vida nun concello.

No caso de Folgoso levouse a cabo a rehabilitación do edificio da antiga escola de Visuña, pola cal recuperase un emblemático edificio coma local cultural de uso público no cal terán cabida diversas actividades para uso e desfrute dos veciños da parroquia. Ca súa rehabilitación mantense unha edificación tradicional e de marcado carácter tradicional na nosa comunidade, poñendo en valor o patrimonio arquitectónico e sociocultural do concello caurense.

Orde de infraestruturas

A Orde de Infraestruturas de uso público é unha ferramenta que o Goberno galego pon á disposición dos concellos para financiar infraestruturas que beneficien directamente aos seus veciños. O ano pasado beneficiáronse destas axudas máis de 70 concellos a través de diversos proxectos.

En 2015 a dotación é de dous millóns de euros, que serán cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), xa que un dos seus obxectivos é mellorar tamén as condicións de vida das persoas residentes nas áreas rurais e redundar, unha vez máis, na aposta da Xunta polo rural galego.

13 de marzo de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.