publicidade hoxe

Proxección de “A Esmorga” en Arcade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

No marco da programación cultural municipal, o Concello de Soutomaior retoma a súa aposta polo cine e as proxeccións no Multiusos de Arcade cunha das mellores películas do cine galego. A Esmorga, unha película baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilary protagonizada por Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris”. A proxección comezará ás 21:00 no Multiusos de Arcade o venres 27 de marzo.

A Esmorga ofrece unha intensa crónica de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de festa que, deixando tras de si un reguero de destrución, de sexo equivoco e reprimido, van pechando portas e tirando as chaves, como para non querer volver e encarasen ao seu pernicioso destino con coñecemento de causa e fin.

Un das mellores longametraxes en galego e que vén avalado polas súas cifras: mellor estrea do ano en España entre as películas con menos de 100 copias e a segunda mellor recadación media no fin de semana da súa estrea.

26 de marzo de 2015 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.