publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Educación leva investidos 64.000 euros nos últimos catro anos no CEIP Manuel Sueiro de Crecente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecente
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva investidos preto de 64.000 euros en diversas obras de mellora do CEIP Manuel Sueiro, de Crecente. O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, visitou hoxe este colexio de infantil e primaria, onde fixo un percorrido polas instalacións acompañado da alcaldesa de Crecente, Marisol Gómez.

A meirande parte do investimento neste CEIP, uns 42.000 euros, levouse a cabo o ano pasado coa reforma íntegra da instalación eléctrica. Ademais tamén se acometeron outras obras como a reposición da carpintería exterior e melloras no salón de actos e na porta de acceso ao comedor do centro. Cómpre lembrar tamén que se trata dun centro plurilingüe, que está incluído no PLAMBE (de mellora de Bibliotecas Escolares), e que conta co aulas dixitais e con contratos-programa da Consellería para a mellora do ensino nos ámbitos particulares que cada centro decide.

As actuacións levadas a cabo polo departamento de Educación neste centro reforzan o compromiso do Goberno galego por dotar aos recintos educativos de instalacións axeitadas. Precisamente a Consellería de Cultura e Educación acaba de anunciar que durante este ano levará a cabo o plan de renovación e mellora de infraestruturas e equipamentos, que suporá un investimento de preto de 18,4 millóns de euros en centros educativos de toda Galicia.

18 de marzo de 2015 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.