publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Detido o condutor que atropelou á muller de Santa Comba tras dar positivo por alcoholemia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSanta CombaSucesos
A-
A+
Europa Press

O home que conducía o vehículo de mensaxería que este sábado atropelou mortalmente a unha septuaxenaria da localidade coruñesa de Santa Comba foi detido pola Garda Civil de Tráfico de Corcubión, que corroborou que superaba a taxa de alcoholemia permitida.

   Diso informaron fontes deste corpo, que precisaron que a súa detención se produciu no lugar do sinistro, malia que o 061-Urxencias Médicas apuntara –a través dun comunicado– a posibilidade de que se tuvera “dado á fuga”.

   En concreto, a este veciño do próximo municipio de Cee, de 33 anos de idade, impútaselle un delito de homicidio por imprudencia. O seu caso está agora en mans do xulgado de garda de Negreira, segundo agregou o Instituto Armado.

   Poucos minutos antes das 10,00 horas, un vehículo de mensaxería arrastrou unha muller de 71 anos (O.G.P.) que camiñaba co seu carretillo pola beiravía da estrada de Santa Comba a Muxía (AC-441), no lugar de Castiñeira, o que lle provocou a morte.

7 de marzo de 2015 | 14:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.