publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cultura, Deputación e Concello de Mondariz colaboran na rehabilitación da Biblioteca Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondarizPontevedra
A-
A+
Román Rodríguez na sinatura do convenio

Román Rodríguez na sinatura do convenio

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; e o alcalde de Mondariz, Julio Alén, asinaron hoxe un convenio de cooperación sociocultural para levar a cabo a rehabilitación da biblioteca municipal do Concello, nun acto que contou coa presenza do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

O obxectivo principal desta colaboración institucional é dotar a Mondariz dunhas instalacións bibliotecarias renovadas e axeitadas para o seu uso por parte dos veciños e veciñas da zona. Neste senso, está previsto acometer unha serie de obras de reforma, rehabilitación, conservación e mantemento do edificio da biblioteca pública do Concello.

O orzamento total da actuación ascende a 222.400 euros, dos cales 100.000 euros serán financiados pola Consellería de Cultura e Educación, mentres que a Deputación de Pontevedra fará unha achega de 80.000 euros e o montante restante será aportado polo Concello de Mondariz.

A actuación levarase a cabo dentro do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, que nun dos seus apartados recolle a necesidade de asegurar o acceso á cultura en igualdade de condicións de todos os galegos e de garantir que estas actuacións respondan ás demandas sociais da poboación.

Con este acordo preténdese poñer en valor unha infraestrutura que leva sete anos pechada ao público debido a que non cumpre coas condicións necesarias para o seu uso. É dicir, que a actuación responde á necesidade de garantir un espazo público axeitado para e lectura por parte dos habitantes deste Concello.

Cómpre salientar que a participación da Xunta nesta iniciativa enmárcase dentro das liñas de actuación da Consellería de Cultura e Educación para garantir unhas infraestruturas de carácter sociocultural en condicións óptimas para o seu uso por parte da cidadanía. Hai que ter en conta que o papel das bibliotecas públicas é cada día máis amplo e relevante como referentes básicos para a información e formación cidadá, ao tempo que asumen un protagonismo central na dinamización cultural das poboacións nos seus diversos segmentos, trazando novas relacións entre cidadanía e lectura.

23 de marzo de 2015 | 20:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.