publicidade hoxe

Cee ensina aos xóvenes que no amor non todo vale

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCee
A-
A+

O Concello de Cee en colaboración co CIM e subvencionado pola Deputación, inicia unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero: “NO AMOR NON TODO VALE”, que terá lugar no polideportivo municipal de Cee o dia 11 de marzo e no que participan todos os centros educativos do Concello e consta de dúas partes:

1 º parte de 10:00h a 11:45h: nenas e nenos de infantil e primaria con  photocall, taller de títeres, contacontos e un espectáculo musical.

2ª parte de 12:00 a 14:00h: nenas e nenos de 1º e 2º da ESO con un master class de zumba impartido pola empresa CAZATALENTOS, actuación musical con LEÖ KCh e master class de autodefensa persoal impartido pola empresa AQUACENIT.

10 de marzo de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.